티스토리 수익 글 보기
Galego
Benvido!
Chegaches ao O2 da comunidade WordPress Galicia. Se tes unha petición que facer ao equipo, queres unirte a esta gran comunidade, es desenvolvedor e queres pedir a tradución do teu plugin ou tema, ou queres abrir un debate sobre la comunidade este é o tu sitio.
Este sitio é unha ferramenta de comunicación, non un foro de soporte, se queres axuda sobre a túa web pasate polos foros en español.
Abaixo tes unhas indicacións sobre como usar esta ferramenta de comunicación, e nesta ligazón podes coñecer ó equipo.
Reunións da comunidade
Aquí se apuntarán as convocatorias de reunións da comunidade
Contacto
Queres contactar con alguén da comunidade ou participar activamente nos retos diarios? Únete ao noso Slack seguindo estas indicacións.
Benvido ao O2 do equipo de WordPress Galicia!
Benvido ao blogue e ferramenta de comunicación do equipo de WordPress.org Galicia. Aquí debateranse e anunciarán abertamente as decisións da comunidade, e tamén poderás facer peticións relacionadas coas traducións de WordPress ao Galego.
Como usar O2
O2 é unha combinación de tema e plugin que permite unha colaboración máis sinxela. Aquí tes unhas cantas características que che serán útiles para coordinar as actividades do equipo:
- @mencións: Menciona a alguén da rede WordPress.org poñendo unha @ diante do seu nome de usuario. Os membros dos sitios locais da comunidade (incluídos o sitio principal gl.WordPress.org, os foros e O2) engádense automaticamente a medida que os citas.
- Etiquetas: Etiquetar é fácil dentro de publicacións e comentarios. Por exemplo, as etiquetas #benvida etiquetan esta publicación con «benvida.» Fai clic nunha etiqueta para ver todas as publicacións con esa etiqueta.
- Publicacións cruzadas: Fai publicacións cruzadas noutro sitio O2 de WordPress.org usando o símbolo +. Podes facer publicacións cruzadas a calquera outro sitio que use O2.
Iso é todo! Goza do noso novo blogue
- s
- buscar
- c
- crear unha nova entrada
- r
- responder
- e
- editar
- t
- ir arriba
- j
- ir á entrada ou comentario seguinte
- k
- ir á entrada ao comentario anterior
- o
- cambiar visibilidade do comentario
- esc
- cancelar a edición da entrada ou comentario